VII Semana Universitaria da Economía Social.
CIRIEC-España e a rede ENUIES organizou entre o 23 de febreiro e o 4 de marzo máis de 140 actividades en 40 universidades españolas e de Iberoamérica.
A Universidade de Santiago de Compostela, a través do CECOOP organizou as seguintes:
Acto central.
Celebrouse o día 6 de marzo de 2024 na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela e participaron:
A nivel institucional:
-
Antonio López (Reitor da USC), Marta Mariño (Directora Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia), Xoán Doldán (Decano de la Facultade de CC. Económicas e Empresariais) e Maite Cancelo (Directora do CECOOP, que presentou o Informe da Economía Social en Galicia 2024).
Representantes do sector:
-
Manuel Veiga. Socio de Larega Soc. Coop. Galega que falou sobre: Emprender dende a Economía Social
-
Mino Martínez (Presidente do Foro da Economía Social Galega) que falou sobre “que é a Economía Social?” e presentou a catro entidades das principais familias da ES galega que expuxeron o seu modelo empresarial:
-
Javier Valenzuela. Tako Soc. Coop. Galega
-
Pilar Rodríguez. Dehistoria SLL.
-
Belén Vázquez. Coregal. Centro Especial de Emprego.
-
Isabel Fraga. Arroupa EIL.
-
A Economía Social na Aula
Profesores de varias materias dos graos de Economía, Administración e Dirección de Empresas e dobre grao de Dereito e Relacións Laborais abordaron o concepto e cuantificación da Economía Social galega desde o punto de vista da política económica, o dereito do traballo, o desenvolvemento económico, a sustentabilidade ou a econometría, incorporando de forma transversal estas empresas nas clases das respectivas materias:
-
Econometría: Eva Aguayo, Maite Cancelo, Pilar Expósito e Emilia Vázquez.
-
Desenrolo Económico e Sustentabilidade. Rosa Regueiro
-
Desenrolo Rexional e Desenrolo Local. Carmela Sánchez e Alexandre Vecino
-
Dereito da Seguridade Social. Alicia Villalba
-
Economía do Terceiro Sector. Hugo Martínez Ballesteros
-
Política Económica. Francisco López Bermúdez
Por outra banda, Manuel Veiga, socio de Larega Soc. Coop. Galega impartiu charlas na Facultade de CC. Políticas para alumnos do grao e do Master universitario en Goberno Local e Políticas públicas Innovadoras e no Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira da Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Ligazóns a prensa:
https://www.usc.gal/gl/xornal/eventos/acto-central-vi-semana-universitaria-economia-social-usc
https://www.elcorreogallego.es/economia/2026/02/24/usc-acoge-acto-central-semana-127209891.html





