top of page
Presentación do Informe de Economía Social 2024

No acto central da VII Semana Universitaria da Economía Social presentouse o Informe da Economía Social en Galicia 2024.

O informe, coordinado pola directora do CECOOP, Maite Cancelo, e o presidente da súa comisión científica, Manuel Botana, continúa actualizando a información recollida no Libro Branco dá Economía Social en Galicia, no que se presentaban os principais datos do ano 2018 e que se continuou, cos informes dos anos 2019, 2020, 2021, 2022 e 2023.

No estudo participan un conxunto de profesores e investigadores das Universidades de Santiago de Compostela e Vigo e a presidenta de Espazocoop: Dolores Álvarez, Manuel Botana, María Bastida, Maite Cancelo, Rosario Díaz, Pilar Expósito, José Antonio Montero, Ana Olveira, Alberto Vaqueiro, Emilia Vázquez Rozas, Miguel A. Vázquez Taín e Alicia Villalba.

No acto de presentación participaron: O Decano da Facultade de CC. Económicas e Empresariais (Xoán Doldán), o presidente do Foro pola Economía Social Galega (Mino Martínez), a directora do Centro de Estudos Cooperativos de Galicia- CECOOP- (Maite Cancelo), a Directora Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia (Marta Mariño) e o Reitor da USC (Antonio López)

O documento completo pode atoparse no apartado Informes

Ligazóns a noticias en prensa:

Informe economia social de Galicia 05_ed
Contacto

Maite Cancelo

Directora

Manuel J. Botana Agra

Presidente comité científico

Alicia Villalba

Secretaria

Ubicación

Despacho número 150

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Campus Norte. 15782 Santiago de Compostela

 

¡Tus datos se enviaron con éxito!

logoUSC.gif
bottom of page