top of page
IV Semana Universitaria da Economía Social. 
Acto central.

Celebrouse o día 22 de marzo de 2022 na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela e participaron:

  • A nivel institucional: Covadonga Toca (Secretaria Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social), Pilar Murias (Vicerreitora de Estudantes e Cultura), Xoán Doldán (Decano da Facultade de CC. Económicas e Empresariais) e Maite Cancelo (Directora do CECOOP).

 

  • Representantes do sector: Celso Gándara (Presidente do Foro da Economía Social Galega) que falou sobre: Que é la Economía Social?. Asemade, presentou a catro entidades das principais familias da ES galega que expuxeron aos estudantes o seu modelo empresarial:

    • Triwus S. Coop. Galega. J. Alberto Pouso Ramallo

    • Lugar da Daveiga SLL. Xosé Lois Llamazares.

    • Combina Social. Centro Especial de Emprego. Raquel Alvite.

    • Primicias Raiña. Asociación Raiña Paraiso. Empresa de Inserción Laboral. Raquel Freire

A Economía Social na Aula

Do 21 ao 30 de marzo de 2023 profesorado de varias materias dos graos de Economía, Administración e Dirección de Empresas e o dobre grao de Dereito e Relacións Laborais abordaron o concepto e a cuantificación da Economía Social galega dende o punto de vista da política económica, o dereito do traballo, o desenrolo económico e a sustentabilidade, a econometría ou a organización de empresas, incorporando de forma transversal estes conceptos nas clases interactivas das respectivas materias.

Xornada “Emprendemento dixital: a Economía Social como modelo empresarial”

O 21 de marzo de 2023 a profesora Loreto Fernández (CECOOP e LIES_GA) organizou na Escola Técnica Superior de Enxeñería unha xornada con 2 casos de emprendedores cuxas empresas adoptaron formas xurídicas propias da Economía Social. O programa contempla unha primeira intervención na que se achega ao alumnado á Economía Social para logo presentar as experiencias de emprendedores que adoptaron este modelo de negocio.

 

Interviñeron: Paola Quintero, socia de Gyleven S. Coop. Galega e Carlos Domingo Arias, socio de Triwus, S. Coop. Galega.

Moderou: Rebeca Sánchez, socia en Abeluria, S. Coop. Galega. Xornalista e comunicadora

bottom of page