Modificacións lexislativas
Novidades lexislativas 2021 e 2022
As novidades lexislativas que se produciron nos anos 2021 e 2022 no ámbito cooperativo autonómico foron, principalmente, as seguintes:
Galicia
-
A Lei 18/2021, de 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas modificou a Lei 5/1998, de 18 de decembro, de Cooperativas de Galicia co obxecto de facilitar o exercicio das obrigas de deposito das contas anuais, establecendo que os que deberán firmar electronicamente as contas anuais e o correspondente informe de xestión son o presidente do Consello Reitor xunto ca do secretario ou, no seu caso, o administrador único.
Euskadi
-
A Lei 5/2021, de 7 de outubro, de modificación da Lei 11/2019, de 20 de novembro, de Cooperativas de Euskadi pola que se recolle expresamente a posibilidade de celebrar ou asistir telemáticamente ás Asembleas Xerais, as comisións de vixilancia, ao consello social e ao comité de recursos.
Cataluña
-
O Decreto-lei 7/2021, de 9 de febreiro, de medidas extraordinarias en materia de cooperativas, empresas y entidades de la economía social como consecuencia de la crisis derivada de la COVID-19 y de modificación del Decreto-lei 16/2020, de 5 de maio, de medidas urxentes complementarias en materia de transparencia, axudas de carácter social, contratación e mobilidade para facer fronte á COVID-19 dítase en relación a varios artigos da Lei 12/2015, de 9 de xullo, de Cooperativas mediante os cales amplíanse temporalmente varios prazos, como o de celebración da Asemblea Ordinaria ou a prolongacións da vixencia de cargos dos órganos.
Asturias
-
A Lei 5/2021, de 23 de decembro, de primeira modificación da Lei 4/2010, de 29 de xuño, de Cooperativas introduce a posibilidade de empregar medios telemáticos para, entre outros, realizar as convocatorias e celebracións das Asembleas da cooperativa, así como unha modificación pola que se permite á Consellería competente en materia de economía social adoptar as medidas extraordinarias de flexibilización dos fins do fondo de educación e promoción para paliar efectos adversos provocados por situacións excepcionais e sobrevidas.
Navarra
-
A Lei Foral 4/2022, de 22 de marzo, de Cambio Climático e Transición Enerxética modifica a Lei Foral 14/2006, de 11 de decembro, de Cooperativas de Navarra para introducir a expresamente a posibilidade de organizarse como cooperativas de consumidores e usuarios para participar na xeración, distribución, subministración, consumo, agregación, almacenamento de enerxía, incluída a renovable, prestación de servizos de eficiencia enerxética ou similares cuxo obxectivo sexa ofrecer beneficios medioambientais, económicos e sociais aos socios, localidade ou comarca.
Aragón
-
A Lei 2/2022, de 19 de maio, de aplicación e desenvolvemento da Lei 1/2021, de 11 de febreiro, de simplificación administrativa modifica o Decreto Lexislativo 2/2014, de 29 de agosto, do Goberno de Aragón, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Cooperativas de Aragón, reducindo os prazos de inscrición rexistral das cooperativas e creando un artigo 13 bis sobre a inscrición de actos de sociedades cooperativas no rexistro.
A Rioxa
-
A Lei 9/2022, de 20 de xullo, sobre economía social e solidaria da Rioxa ten por obxecto establecer o marco normativo común aplicable ao conxunto das entidades que integran a economía social e solidaria da Rioxa, así como determinar as accións de fomento e impulso a favor destas entidades. Entre as entidades que integran a economía social e solidaria da Rioxa atópanse as sociedades cooperativas e as sociedades laborais, entre outras. Coa presente Lei preténdese reducir ou eliminar as cargas administrativas que xeren un maior custo para a actividade emprendedora e a súa creación ou apostar pola tramitación telemática dos procedementos administrativos a través da creación dunha Plataforma de Economía Social e Solidaria. A maiores crease o Plan Rioxano de Impulso da Economía Social e Solidaria, como instrumento básico de análise, planificación ou coordinación na materia, así como un Consello da Economía Social e Solidaria da Rioxa, como máximo órgano de coordinación e participación na materia.
Entre as novidades lexislativas que se produciron no ámbito cooperativo estatal no ano 2022 atopamos, principalmente, a seguinte:
-
A Lei 16/2022, de 5 de setembro, de reforma do texto refundido da Lei Concursal, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2010, de 5 de maio, para a transposición da Directiva (UE) 2019/1023 do Parlamento Europeo e do Consello, de 20 de xuño de 2019, sobre marcos de reestruturación preventiva, exoneración de débedas e inhabilitacións, e sobre medidas para aumentar a eficiencia dos procedementos de reestruturación, insolvencia e exoneración de débedas, e pola que se modifica a Directiva (UE) 2017/1132 do Parlamento Europeo e do Consello, sobre determinados aspectos do Dereito de sociedades (Directiva sobre reestruturación e insolvencia) modifica a Lei 5/2011, de 29 de marzo, de Economía Social introducindo un novo artigo 10 bis sobre a capitalización da prestación por desemprego para a adquisición da condición de sociedade laboral ou transformación en cooperativa por sociedades mercantís en concurso, estabelecendo que a entidade xestora poderá aboar ás persoas que reúnan os requisitos para ser beneficiarios da prestación contributiva por desemprego –agás o de estar en situación legal de desemprego– o valor actual do importe de dita prestación, cando pretendan adquirir accións ou participacións sociais dunha sociedade na que prestan servizos retribuídos como persoas traballadoras con contrato de traballo por tempo indefinido de forma que, con dita adquisición, individualmente considerada, ou cas adquisicións que realicen outras persoas, traballadoras ou non da sociedade, esta reúna as condicións legalmente necesarias para adquirir a condición de sociedade laboral ou transformarse en cooperativa. Para que se produza o abono da prestación capitalizada requirirase que a empresa fose declarada en concurso e que o xuíz do mercantil acordase a súa transformación no marco do disposto nos artigos 219 ou 224 bis e concordantes do texto refundido da Lei Concursal.
Novidades lexislativas 2021
-
Reforma da Lei de Cooperativas de Cantabria. A lei 12/2020, de 28 de decembro, de Medidas Fiscais e Administrativas, introduce a posibilidade de que o órgano de goberno e representación sexa una administrador único, ao cal se lle aplicará o mesmo réxime xurídico que o previsto para o Consello Reitor.
-
Reforma da Lei de Cooperativas de Galicia. A lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas modificou da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, concretamente os puntos 1,2 e 3 do artigo 35, o número 8 do artigo 36, o número 1 do artigo 39, engade unha disposición adicional décima e asemade outra undécima. Esta reforma vai encamiñada a facilitar a participación das persoas socias nas reunións de forma segura dadas as circunstancias de emerxencia sanitaria e pandemia, habilitándose medios telemáticos, designación de representantes, asembleas de delegados ou celebrar as asembleas en localidades próximas que conten con instalacións máis axeitadas para garantir as reunións seguras. Destaca tamén que ata o 31 de decembro de 2021, as asembleas xerais quedarán validamente constituídas en segunda convocatoria sen esixencia de quórum mínimo. Asemade, aquelas asembleas que tiveran que realizarse dende o 14 de marzo de 2020 pero que non puideran celebrase por mor da pandemia, poderán celebrase ata o día 31 de decembro de 2021, e os cargos sociais entenderanse prorrogados ata a citada data, sen prexuízo de prórroga ou renovación.
-
Lei 2/2021, de 29 de marzo, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. Esta lei inclúe unha disposición final cuarta, que posibilita que ata o 31 de decembro de 2020 e durante o ano 2021 as reunións de consello reitor e a celebración de asembleas de cooperativas se fagan de forma telemática e que en elas poida votarse por escrito.
-
O Real Decreto-lei 8/2021, de 4 de maio, polo que se adoptan medidas urxentes no orde sanitario, social e xurisdicional, a aplicar trala finalización da vixencia do estado de alarma declarado polo Real Decreto 926/2020, de 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, que introduce unha flexibilización temporal do uso do Fondo de educación e promoción das cooperativas coa finalidade de paliar os efectos da COVID-19.
-
O Decreto-lei 7/2021, de 9 de febreiro, de medidas extraordinarias en materia de cooperativas, empresas e entidades da economía social como consecuencia da crisis derivada da COVID-19 e de modificación do Decreto-lei 16/2020, de 5 de maio, de medidas urxentes complementarias en materia de transparencia, axudas de carácter social, contratación e mobilidade para facer fronte á COVID-19. Esta norma da Comunidade Autónoma de Cataluña prorroga as medidas extraordinarias adoptadas por Decreto lei 47/2020, de 24 de novembro ata o 31 de decembro de 2022, e logo establécense prórrogas e novas datas máximas de celebración de asembleas para aprobar contas e renovar cargos. As medidas extraordinarias adoptadas no Decreto 47/2020 versan fundamentalmente sobre a facilitación de celebración de asembleas e reunión de Consello Reitor en condicións seguras, para o cal se posibilitan delegacións de votos ou celebración telemática, e asemade se prevé a prórroga de cargos.
Novidades lexislativas 2020
-
Reforma da Lei de Cooperativas de Murcia. O Decreto-lei 6/2020, de 11 de xuño modificou a Lei 8/2006, de 16 de novembro, de Sociedades Cooperativas da Rexión de Murcia, concretamente a disposición transitoria cuarta, permitindo, ate o 31 de decembro de 2020 e como consecuencia da pandemia, a utilización do Fondo de Formación e Promoción como recurso financeiro ou para outra actividade relacionada con axudar a parar as consecuencias da COVID-19.
-
Reforma da Lei de Cooperativas de Andalucía. O Decreto-lei 18/2020, de 30 de xuño, polo que, con carácter extraordinario e urxente, establécense diversas medidas ante a situación xerada polo coronavirus (COVID-19) modificou a Lei 14/2011, de Sociedades Cooperativas Andaluzas, e o seu Regulamento aprobado polo Decreto 123/2014, de 2 de setembro, concretamente para matizar e ampliar o disposto no artigo 40 do Real Decreto Lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes e extraordinarias para facer fronte ao impacto económico y social del COVID-19. Inclúese maiores posibilidades para a celebración telemática das Asembleas.
-
Decreto-lei 8/2020, de 26 de xuño, de medidas excepcionais para facilitar a convocatoria e reunión dos órganos sociais e a eficacia dos acordos das entidades cooperativas valencianas. Este decreto inclúe disposicións en relación a aprobación de contas, celebración de asembleas e consellos reitores e causas de disolución, para o ano 2020, como consecuencia da pandemia.
-
Decreto-lei 8/2020, de 24 de abril, polo que se adoptan medidas urxentes extraordinarias para o mantemento e recuperación do emprego fronte a crise ocasionada polo COVID-19. A súa disposición adicional décima incorpora unha modificación da disposición transitoria segunda da Lei 9/2018, de 30 de outubro, de Sociedades Cooperativas de Extremadura, destinada a ampliar o prazo de adaptación dos estatutos das cooperativas de dita lei no prazo de catro anos dende a súa entrada en vigor, polo que introduce unha moratoria a dito prazo, que inicialmente finalizaba o 2 de xaneiro de 2021.
-
Decreto-lei 4/2020, de 24 de xuño, do Goberno de Aragón, polo que se adoptan medidas urxentes e extraordinarias para o impulso da Estratexia Aragonesa para a Recuperación Social e Económica. Prevé no seu artigo 33 que, durante a vixencia do estado de alarma e ata o 31 de decembro de 2020, o Fondo de Educación e Promoción Cooperativo poderá ser destinado total ou parcialmente como recurso financeiro ou a calquera outra actividade que redunde en frear a crise sanitaria da COVID-19.
-
Decreto-lei 4/2020, de 18 de xuño, de impulso e simplificación da actividade administrativa para o fomento da reactivación produtiva en Castela e León. Contempla na disposición transitoria cuarta que, de forma excepcional e ata o 31 de decembro de 2020, as sociedades cooperativas en que a Asemblea Xeral de Delegados substitúa á Asemblea Xeral da cooperativa, conforme ao artigo 53 da Lei 2/2020, de 11 de abril, os nomeamentos dos delegados que esgoten o seu mandato a partir da data de declaración do estado de alarma e dentro do exercicio 2020, entenderanse prorrogados ata decembro de 2020.
-
Ademais, o Regulamento (UE) 2020/699, do Consello de 25 de maio de 2020 de medidas temporais relativas á xunta xeral das sociedades europeas e sociedades cooperativas europeas, establece que, no caso de que se deba celebrar unha asemblea xeral en 2020, poderá celebrarse nun prazo de 12 meses a partir do cerre do exercicio, sempre que se celebre, a máis tardar, o 31 de decembro de 2020.
-
Por último, debido a situación de pandemia derivada da crise da COVID-19, o Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social da COVID-19, no seu artigo 40.1, dispón que, aínda que os estatutos non o prevexan, durante o período de alarma e, unha vez finalizado o mesmo, ata o 31 de decembro de 2020, a reunión do consello rector da cooperativa e as asembleas de socios poderán celebrarse por videoconferencia ou por conferencia telefónica múltiple, sempre que todos os membros do órgano dispoñan dos medios necesarios, o secretario do órgano recoñeza a súa identidade, e así o exprese no acta, que remitirá de inmediato as direccións de correo electrónico de cada un dos concorrentes.
-
Así mesmo, o artigo 40.1 do citado Real Decreto-lei dispón que, aínda que os estatutos non o prevexan, durante o período de alarma e, unha vez finalizado o mesmo, ata o 31 de decembro de 2020, os acordos do consello rector poderán adoptarse mediante votación por escrito e sen sesión sempre que o decida o presidente e deberán adoptarse así cando o solicite, ao menos, dous dos membros do órgano. As sesións entenderanse celebradas no domicilio social da cooperativa.
La Rioja
Ley 1/2019, de 4 de marzo, de Medidas Económicas, Presupuestarias y Fiscales Urgentes para el año 2019:
-
El art. 7.1 modifica art. 8.1 Ley 4/2001, de 2 de julio, de Cooperativas de La Rioja
-
Y el art. 7.2 crea la sección 13ª, De las Cooperativas de Consumo y Serviciosà art. 129bis:
-
Son cooperativas de consumo y servicios aquellas que tienen como objeto social el suministro de bienes muebles o inmuebles y/o servicios, productos, actividades o funciones para su adquisición, uso o consumo por los socios y de quienes con ellos conviven.
-
Pueden ser socios de estas cooperativas las personas físicas y las entidades u organizaciones que tengan el carácter de destinatarios finales.
-
La cooperativa podrá realizar operaciones con terceros no socios, hasta un límite máximo del 50 % del total de las realizadas con los socios, si lo prevén sus Estatutos.
-
Estas cooperativas tendrán la doble consideración de mayoristas y minoristas. La distribución de bienes y/o servicios a sus socios no tiene la condición de ventas, dado que se trata de consumidores agrupados que los han adquirido conjuntamente.
-
Islas Baleares
Ley 4/2019, de 31 de enero, de Microcooperativas de las Illes Balears
La disposición adicional 2ª modifica el apartado 2º del art. 120 de la Ley 1/2003, de 20 de marzo, de Cooperativas de las Illes Balears, que queda redactado del siguiente modo:
2. Para cumplir su objetivo social, las cooperativas agrarias podrán desarrollar, además de las actividades propias de este, determinadas en los estatutos, aquellas otras que sean presupuesto, consecuencia, complemento o instrumento para la mejora económica, técnica, laboral, ecológica o social de la cooperativa, de las explotaciones de las personas socias, de los elementos de estas o del medio rural, y, entre otras, la prestación de servicios por la cooperativa y con su propio personal que consista en la realización de labores agrarias u otras análogas en las mencionadas explotaciones y a favor de sus personas socias.
Murcia
Ley 10/2018, de 9 de noviembre, de Aceleración de la Transformación del Modelo Económico Regional para la Generación de Empleo Estable de Calidad.
El art. 24 modifica ampliamente la Ley 8/2006, de 16 de noviembre, de Sociedades Cooperativas de la Región de Murcia.
Extremadura
Ley 9/2018, de 30 de octubre, de sociedades cooperativas de Extremadura.
Andalucía
Ley 5/2018, de 19 de junio
Por la que se modifica la Ley 14/2011, de 23 de diciembre, de Sociedades Cooperativas Andaluzas. Su artículo único modifica una serie de artículos de la Ley 14/2011.