CECOOP
Centro de Estudos Cooperativos da USC
Organización
Son Órganos de Goberno do CECOOP:
-
O Consello do Centro.
-
O Director.
-
O Secretario.
O Consello do Centro está formado polo Director, o Secretario, un representante da Xunta de Goberno, dous representantes da Dirección Xeral de Relacións Laborais, un do Consello Galego de Cooperativas e tres representantes do persoal científico adscrito ao centro.
Composición
O persoal científico está integrado por profesores, axudantes e investigadores que realicen ou realizasen investigacións no ámbito do cooperativismo, pertencentes ás áreas de coñecemento de Dereito Mercantil, Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Dereito Civil, Dereito Financieiro, Economía Financieira, Contabilidade e Organización de Empresas. Previo informe do Consello do Centro, poderán incorporarse a el profesores ou investigadores doutras áreas de coñecemento, ou doutras Universidades galegas con outra publicada e especializada en materia de cooperativismo ou personal que preste servicios na Xunta de Galicia con funcións vinculadas ó cooperativismo e titulación mínima de Licenciado/a ou equivalente.
Normativa
Polas disposicións da LOU, Estatutos da USC, polo Regulamento de creación e funcionamiento de centros propios da USC, polo Convenio de constitución asinado entre a Xunta de Galicia e a USC e polo seu propio Regulamento aprobado pola Xunta de Goberno da USC.
Obxectivos
-
Promover, impulsar e desenvolver o coñecemento, a investigación e a difusión de materias que lle son propias.
-
Levar a cabo as tarefas de formación e ensinanza que sexan promovidas ou encomendadas pola USC ou pola Xunta de Galicia.
-
Establecer vínculos de colaboración con outras organizacións galegas, nacionais ou internacionais con obxectivos converxentes cos do CECOOP.
-
Participar na ensinanza do Terceiro Ciclo e de Postgrado no marco da organización programada para o efecto pola USC.
-
Crear e manter unha biblioteca especializada dentro da USC.
-
Promover a publicación dunha revista especializada en temas cooperativos e de economía social