top of page
Santiago de Compostela. Capital da Economía Social Española 2022
Reunións da Asemblea anual de CIRIEC-España en Santiago de Compostela. 23 de xuño de 2022

Profesores de universidades españolas de varias comunidades autónomas, como Comunitat Valenciana, Andalucía, Madrid, País Vasco, Aragón e Galicia, entre outras, asistiron á Asemblea anual que celebra CIRIEC-España, este ano en Santiago de Compostela, como apoio á capitalidade española da Economía Social que ostenta dita cidade no ano 2022.

Na Asemblea fíxose balance do éxito do Congreso Internacional de CIRIEC celebrado en Valencia os pasados días 13, 14 e 15 de xuño, que converteu a esta cidade na capital mundial do cooperativismo, a economía social e a economía pública. No mesmo participaron preto de 1.200 persoas entre representantes institucionais de diversas administracións públicas, representantes do sector (como Juan Antonio Pedreño, presidente de CEPES e de Social Economy Europe) ou Emili Vilaescusa, presidente de CONCOVAL. As conferencias plenarias foron impartidas polo premio nobel de economía Paul Krugman e a economista Mariana Mazzucato.

Na Asemblea tamén se fará unha análise das outras actividades de investigación realizadas, así como as liñas futuras para os anos 2022 e 2023 e a presentación de resultados das revistas económica e xurídica que edita a asociación.

Enlace: CIRIEC-España celebra el éxito de su 33 Congreso Internacional en su asamblea anual en Santiago de Compostela| Actualidad Observatorio | Observatorio Español de la Economía Social (observatorioeconomiasocial.es)

Presentación do “Estudio sobre formación universitaria en España! Elaborado pola Red ENUIES

O 23 de xuño de 2022 presentouse en Santiago de Compostela o “Estudio sobre formación universitaria en España” elaborado pola Red ENUIES de Centros Universitarios e Institutos de Investigación en Economía Social e CIRIEC-España, coordinado polo profesor Millán Díaz-Foncea

Enlace: INFORME SOBRE LA FORMACIÓN UNIVERSITARIA EN ECONOMÍA SOCIAL

 
 
Presentación do Informe “la ES en España en cifras” e do portal CIRIECSAT, de CIRIEC-España, no que participan investigadores do CECOOP. 20 de outubro de 2022

Enlace: SANTIAGO DE COMPOSTELA ACOGE EL 20 DE OCTUBRE LA PRESENTACIÓN DEL INFORME ‘LA ECONOMÍA SOCIAL EN ESPAÑA EN CIFRAS’ Y EL NUEVO PORTAL ESTADÍSTICO DE LA ECONOMÍA SOCIAL CIRIECSTAT

Cartel: Presentación del Informe la ES en cifras  y el Portal estadístico

 
Workshop CIRIEC “Estadísticas sobre la Economía Social en España y sus comunidades autónomas”

O 21 de outubro de 2022 celebrouse en Santiago de Compostela o Workshop CIRIEC. Estadísticas sobre la Economía Social en España y sus comunidades autónomas”, onde os coordinadores dos diversos capítulos do Informe da Economía Social en España en Cifras, debateron sobre as distintas fontes de datos das diversas entidades da ES e os problemas de comparabilidad das mesmas.

Documento: Workshop CIRIEC. Estadísticas sobre la ES en España y sus CCAA

bottom of page