Participación no curso “Estratexias para o desenvolvemento do medio rural: unha visión dende a Economía Social” da Universidade de Vigo. 

 

Participación da directora do CECOOP, Maite Cancelo, no Curso de extensión universitaria: “Estratexias para o desenvolvemento do medio rural: unha visión dende a Economía Social” celebrado os días 1, 2 e 3 de setembro de 2021 na Facultade de Empresariais e Turismo, no campus de Ourense da Universidade de Vigo.

O curso foi organizado pola Facultade e o Colexio de Economistas de Ourense. Maite Cancelo impartiu o seminario: “O cooperativismo en Galicia e a súa contribución ao medio rural”.