Celebración do 20 aniversario do CECOOP e homenaxe ao profesor. D. Manuel Botana. 21 de outubro de 2022

O Centro de Estudos Cooperativos (CECOOP), aprobado polo Consello de Dirección da USC con data do 16 de abril de 2002, foi creado pola mencionada Universidade e a Xunta de Galicia, como Centro Universitario de carácter mixto dedicado á investigación, formación e estudo do cooperativismo nas súas dimensións económica e xurídica, nos ámbitos galego, español, europeo e internacional.

Neste acto conmemorativo presentáronse as principais actividades realizadas ao longo dos 20 anos de existencia do CECOOP, o único centro de investigación galego en materia de Economía Social, membro de CIRIEC-España e da súa Rede ENUIES, de Centros e Institutos Universitarios de Investigación en Economía Social.

No mesmo acto, investigadores do CECOOP e outros profesores das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, fixeron un emotivo homenaxe ao fundador do Centro e presidente científico do mesmo, o catedrático de dereito mercantil, D. Manuel Botana.