III Semana Universitaria da Economía Social. 
Acto central: Presentación da III Semana Universitaria e do Informe da ES en Galicia 2020.

O acto central na Universidade de Santiago de Compostela, desenrolouse o día 23 de marzo de 2022 ás 12h na Aula C da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e contou coa presenza de preto de 200 estudantes.

Interviñeron: Covadonga Toca (Secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia), Celso Gándara (presidente do Foro Galego pola Economía Social), representantes do Reitor e do Decano e a directora do CECOOP, Maite Cancelo.

 

Neste acto, presentouse o “Informe sobre a Economía Social en Galicia 2020”. Ademais, este ano participaron varios representantes de empresas da ES: Jesús Otero Antelo. Bico de Xeado (Cooperativa Agraria Provincial da Coruña); Mª del Pilar Rodríguez Suárez. Dehistoria. cultura, historia y patrimonio, Sociedad Limitada Laboral; Rosa Gutierrez . Coregal Centro Especial de Empleo e Isabel Fraga. Arroupa Empresa de Inserción Laboral

A Economía Social na Aula

Desenvolvéronse 24 actividades, en distintas materias de Grao nas Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e Relacións Laborais da USC, onde, dende varias ópticas abordouse o concepto da Economía Social galega, as cooperativas de traballo ou ES e sustentabilidade, chegando a preto de 500 estudantes.